Vilalba Aberta continúa coas reunións veciñais polas parroquias
Vilalba Aberta segue sumando parroquias no seu proceso de escoita no rural. Así, e despois das xuntanzas de Santaballa; Nete; Oleiros; Carballido; Corbelle; Belesar; San Simón; Lanzós; Árbol, Bordelle, Sancovade; Vilapedre, Noche, Codesido e Ladra a formación visitará Goiriz para celebrar a 16ª parada da súa iniciativa “Rede de Parroquias”.
As reunión está fixada para o xoves 11 ás 21:00h na Casa Escola e sitúase no marco dunha serie de encontros deseñados pola formación co obxectivo de coñecer de primeira man as necesidades da veciñanza do rural vilalbés e incorporalas, logo, á axenda política do Concello.
O seu candidato á Alcaldía, Modesto Renda, animou á veciñanza de Goiriz a participar achegándose o xoves á Casa Escola. Así mesmo, non quixo deixar pasar a oportunidade para trasladar o seu “profundo agradecemento á directiva da Asociacións de Veciños” por permitir facer posible este novo encontro.