Vilalba Aberta inicia una campaña para denuncia a situación do centro de saúde

TerraChaXa
O portavoz da formación Modesto Renda instou á “unión sen ambaxes'” de todos os partidos políticos para poñer fin a unha situación que cualificaron de “insostible e totalmente inaceptable”
campana-centro-de-salud-vilalba-aberta
19 May 2025

Vilalba Aberta volve tomar a iniciativa fronte aos recortes de servizos no Centro de Saúde. A formación municipalista, que na pasada lexislatura logrou mobilizar a máis dun centenar de veciños/as para reclamar “un servizo de pediatría digno”, anunciou hoxe que iniciará unha nova campaña de denuncia.

Dende VA, porán de novo o foco da súa crítica no desmantelamento deste servizo, pois tal e como explicou a concelleira da formación Mª Xosé Fernández “os 2 cupos de pediatría seguen sen repoñerse diante das baixas, derivándose a urxencias aos nenos/as e véndose as familias obrigadas a acudir a un especialista privado co custo que iso representa”.

O tempo de espera para conseguir cita co médico/a de cabeceira será outra das liñas da campaña, pois tal e como denunciou a concelleira Mónica González, “chega a superar o mes nalgúns casos”. Neste sentido, explican que de cara ao verán, a xubilación de dous profesionais, que se suma a outra nos primeiros meses do ano, suporá que “máis da metade dos 11 cupos actuais quedarán sen profesional e que as listas de agarda se multipliquen”.

Por último Vilalba Aberta quere facer pedagoxía diante dos veciños/as das consecuencias do “desmantelamento dunha atención especializada como a do servizo de reumatoloxía e o de xinecoloxía”.

A este respecto, foi o actual Coordinador da formación Zeus Seijo quen cualificou de “moi grave” que Vilalba perdera estas especialidades como grave é – remarcou - que os veciños/as de Vilalba leven máis de 5 anos sen oculista na pública”.

O portavoz da formación Modesto Renda instou á “unión sen ambaxes'” de todos os partidos políticos para poñer fin a unha situación que cualificaron de “insostible e totalmente inaceptable”.

⚙ Configurar cookies
0.16302680969238