Vilalba Aberta levará a pleno as queixas dos veciños dun barrio de Goiriz

TerraChaXa
Vilalba Aberta volve acusar ao Concello de desleixo de funcións no que ten que ver co estado do camiño real á entrada de dúas vivendas do barrio do Caxigal, na parroquia de Goiriz.
IMG_20190326_135732
28 Mar 2019

Vilalba Aberta volve acusar ao Concello de desleixo de funcións no que ten que ver co estado do camiño real á entrada de dúas vivendas do barrio do Caxigal, na parroquia de Goiriz. "Unha problemática, que xorde logo da primeira actuación sobre o mesmo por parte dos servizos de mantemento municipais e que, tal e como denuncia a veciñanza afectada, é sistematicamente desoída polo Goberno Municipal, ao tempo que outros accesos colindantes si merecen a súa consideración”.

Na mesma liña, e tal e como relataba o voceiro e candidato á Alcaldía da formación, Modesto Renda, “dende o Concello incluso se chegou a depositar zahorra ao carón da última casa para que foran os mesmo veciños os que procederan á actuación.”

Vilalba Aberta levará á vindeira e última sesión ordinaria da lexislatura esta situación logo dunha visita á zona na que escoitaron de primeira man o acontecido en relación co alumeado público e que, dende o pasado mes de agosto ten “perplexa á veciñanza” sen atopar tampouco a lóxica resposta municipal.

Segundo indican dende o pasado 20 de agosto a luz acende de día e apágase de noite, e tras as queixas veciñais a situación non se resolveu.  Modesto Renda anunciou que lle entregará ao alcalde o conxunto dos correos electrónicos sen resposta, ao respecto do que definiu coma “a enésima tomadura de pelo municipal”.

A este respecto, e ao tempo que agradeceu á veciñanza afectada que puxera no coñecemento de Vilalba Aberta a reivindicación, anunciou, tamén, que preguntará ao alcalde pola problemática relativa á caída e tardía reacción por parte do Concello na colocación do STOP do cruce do Alto do Sumeiro, xustamente á saída do antedito acceso e tamén situado na parroquia de Goiriz.


Warning: Trying to access array offset on value of type null in /var/www/vhosts/editorialtristram.es/httpdocs/wp-content/themes/plosa/stats/stats_chatgpt.php on line 634

Warning: Trying to access array offset on value of type null in /var/www/vhosts/editorialtristram.es/httpdocs/wp-content/themes/plosa/stats/stats_chatgpt.php on line 635
0.1272919178009