Vilalba Aberta pedirá no Pleno o arranxo da pista de Barbeitas de Sancovade

TerraChaXa
Vilalba Aberta vén de rexistrar unha nova iniciativa coa que pretende dar resposta ao arranxo do vial coñecido como Pista de Barbeitas.   
pista de barbeitos sancovade vilalba aberta
28 Sep 2022

Logo dunha visita a Sancovade, Vilalba Aberta vén de rexistrar unha nova iniciativa coa que pretende dar resposta ás demandas dos veciños/as, pola vía do arranxo do vial municipal coñecido como Pista de Barbeitas.   

O tramo, que conecta o barrio do mesmo nome coa estrada de Baamonde, atópase nun estado evidente de degradación, polo que a solicitude de actuación exposta na proposición de Vilalba Aberta, redundaría nunha importante mellora da rede de comunicacións do rural vilalbés.

“Dende hai xa demasiado tempo, os veciños/as da zona veñen reclamando do goberno local que se atenda esta solicitude; mais, tal e como lamentou o voceiro da formación, Modesto Renda, “ninguén os está a escoitar.”

Xunto a Renda, á zona desprazouse tamén o veciño de Sancovade e responsable de Medio Rural na Coordinadora de Vilalba Aberta, Luís Barrio, quen fixo referencia ao “limitado da inversión” e o “baixo custe” que, para as arcas municipais, suporían os traballos de rebacheo.

Así, e ao tempo que agradeceron a confianza dos veciños/as no Grupo Municipal de Vilalba Aberta, ámbolos dous apelaron ó consenso de todos os grupos políticos con representación no Concello de Vilalba, con vistas a atender esta nova reivindicación veciñal “de xeito inmediato”

0.15837216377258