Vilalba Aberta pide o arranxo de varios viais de titularidade municipal na parroquia de Vilapedre

TerraChaXa
Vilalba Aberta denuncia o “lamentable estado” da rede viaria en Vilapedre e urxe ao goberno a “actuar para amañala"
festa filloa da bana
29 Mar 2022

Vilalba Aberta volve saír ao paso das necesidades do rural logo dunha visita a Vilapedre, a formación municipalista vén de anunciar o rexistro dunha nova iniciativa demandando o arranxo de varios viais de titularidade municipal na parroquia. 

Denuncian o “deplorable estado” de pista fundamentais para a veciñanza como a que une os barrios do Porto de Bois, A Fraga e o Pazo ou a que comunica a Carballeira e Rebordelo e urxen ao Concello a actuar, tamén, sobre a que enlaza Sarela co Castro, así como sobre o vial que vai do barrio da Bouza ao de Vigo.

“Estamos a falar dunha parroquia, durante anos, completamente esquecida polos gobernos do PP e que segue abandonada diante da abraiante inacción do goberno do PSOE”, censurou o voceiro municipal da formación Modesto Renda. 

Así, e ao tempo que contextualizou a iniciativa como “a enésima chamada de atención ao goberno en relación co estado da rede viaria municipal”, volveu apuntar á responsabilidade da Alcaldesa, así como á do edil de infraestruturas Luís Fernández Álvarez, en base ás “decenas de reclamacións e solicitudes veciñais sen contestar”.

Á parroquia, achegouse tamén a vicevoceira municipal de VA, Mª Xosé Fernández, quen ao tempo que agradeceu a confianza dos veciños de Vilapedre en Vilalba Aberta, apelou ao consenso de todos os grupos políticos con representación no Concello, con vistas a mudar unha realidade que “debera avergoñarnos coma representantes dos vilalbeses/as.”


Warning: Trying to access array offset on value of type null in /var/www/vhosts/editorialtristram.es/httpdocs/wp-content/themes/plosa/stats/stats_chatgpt.php on line 634

Warning: Trying to access array offset on value of type null in /var/www/vhosts/editorialtristram.es/httpdocs/wp-content/themes/plosa/stats/stats_chatgpt.php on line 635
0.17865800857544