Vilalba Aberta presenta o proceso de participación veciñal co que elaborará o seu programa electoral

TerraChaXa
Vilalba Aberta presentou o seu anunciado proceso de participación veciñal de cara á redacción do programa que defenderá nas eleccións municipais.
Portada Inicio Web cartel VA 2 nwmvuftmw8rwnu5njhdtq38qi39jx0dytpsrvseviu
1 Oct 2018

Vilalba Aberta presentou o seu anunciado proceso de participación veciñal de cara á redacción do programa que defenderá nas eleccións municipais.

Baixo o nome de Vilalba Decide e a través dunha novidosa ferramenta de participación online, a formación asemblearia fará posible así que, por primeira vez na historia do Concello, os veciños de vila e parroquias poidan decidir punto por punto o programa electoral dunha formación política.

A través da dirección web www.vilalbaberta.org/participa/, todas as persoas empadroadas en Vilalba terán a posibilidade de enviar as súas propostas ata o vindeiro venres 15 de febreiro, ás que se lles sumarán aquelas que Vilalba Aberta poida recibir logo da convocatoria de ao menos dúas asembleas programáticas presenciais. Un engadido, pensado para favorecer tamén a participación de todos aqueles veciños que non dispoñan de conexión ou acceso a internet e desexen igualmente participar da elaboración colaborativa. Neste senso, e unha vez expirado o prazo, a formación activará un procedemento de avaliación de dous días a fin de analizar a viabilidade xurídica e económica das achegas.

A forma de participar é sinxela, e ben sexa a través dun móbil, ordenador ou tableta, calquera veciño poderá rexistrarse en cuestión de segundos. Unha vez dentro da plataforma, deseñada en forma de foro a fin de que os participantes poidan debater sobre as propostas xa creadas, a veciñanza poderá elixir entre 21 bloques temáticos que versan dende os máis comúns, Servizos Públicos, Urbanismo ou Fiscalidade, ata os de Seguridade e convivencia,  Políticas para as persoas maiores, Mocidade ou Agricultura e Gandería, entre outros...

Unha proposta marco que, en palabras do seu voceiro e edil, Modesto Renda, agardan “sexa o suficientemente ampla para responder ao xeito de facer que coa posta en marcha deste Programa Participativo ambicionamos, isto é: Un continuado procedemento colectivo, baseado na participación e a corresponsabilización da veciñanza na construción da Vilalba que soñamos.”

Ao proceso, aprobado por unanimidade na asemblea da formación no marco dunha máis ampla folla de ruta cara ás Municipais, seguiralle a “máis que inminente convocatoria de primarias veciñais” de cara á elección do candidato/a á alcaldía así como á do conxunto da listaxe da candidatura. Unha verdadeiro avance con respecto ao xeito de facer dos partidos políticos tradicionais, co que pretenden “involucrar tanto aos veciños dos barrios da vila coma aos que o son de cada unha das parroquias na construción dunha candidatura ampla, con vocación de maiorías e que sexa quen de recuperar o Concello de Vilalba para súa xente.”

programaelectoral

Warning: Trying to access array offset on value of type null in /var/www/vhosts/editorialtristram.es/httpdocs/wp-content/themes/plosa/stats/stats_chatgpt.php on line 634

Warning: Trying to access array offset on value of type null in /var/www/vhosts/editorialtristram.es/httpdocs/wp-content/themes/plosa/stats/stats_chatgpt.php on line 635
0.17264294624329