Vilalba Aberta presenta un programa de Nadal complementario, centrado nas asociacións

TerraChaXa
Comeza o 25 de decembro co tradicional concerto de Nadal da Banda de Música de Vilalba
programa-nadal-vilalba-aberta
5 Dec 2025

A concelleira de Cultura, Mónica González, e o tenente de alcalde, Modesto Renda, presentaron hoxe a programación cultural do Nadal, que chega como complemento ás actividades infantís anunciadas recentemente polo Concello. Nesta ocasión, o protagonismo recae especialmente no tecido asociativo cultural da vila, que será o eixo central das propostas para estas festas.

O calendario de actividades comeza o 25 de decembro co tradicional concerto de Nadal da Banda de Música de Vilalba, que terá lugar no Auditorio ás 20:30 horas. O día 26 celebrarase unha sesión de panxoliñas coa Coral Luar, que actuará na Praza Suso Gayoso ás 12:30 horas e no Templete da Praza da Constitución ás 13:15 horas. O día 27 será a quenda do Festival de Polifonía e Panxoliñas, que se desenvolverá no Auditorio Municipal ás 20:00 horas.

Xa no novo ano, o 2 de xaneiro a Coral Luar ofrecerá un concerto no Hospital Asilo ás 17:00 horas, mentres que o 10 de xaneiro terá lugar a entrega dos premios do Concurso de Escaparates na Casa da Cultura ás 14:00 horas.

O Concello destacou que esta programación busca poñer en valor o talento local e reforzar a participación das entidades culturais nunhas festas nas que a música e a tradición serán elementos centrais.

⚙ Configurar cookies
0.076426982879639