Vilalba Aberta propón as antigas vivendas de mestres para acoller refuxiados de guerra

TerraChaXa
María Xosé Fernández defenderá a utilización dunha propiedade adquirida polo Concello con vivendas baleiras na rúa Cuart de Poblet.
CONCELLEIRAS DE VILALBA ABERTA
5 Mar 2022

Vilalba Aberta presentou hoxe a súa quinta iniciativa de cara Pleno Ordinario do mes de Marzo. Unha nova proposta aos grupos, que se enmarca no contexto da crise humanitaria consecuencia do conflicto na Ucraína e cuxo obxectivo é que o Concello de Vilalba “contribúa dende o limitado das súas capacidades” na acollida e protección das persoas refuxiadas que foxen da guerra.

Tal e como explicou a vicevoceira da formación, Mª Xosé Fernández, a día de hoxe, “son xa varios os municipios que se ofreceron á FEMP (Federación Española de Municipios e Provincias) e prevese que nos vindeiros días se somen máis administracións locais.”

Vilalba Aberta, que no ano 2015 levou xa a Pleno unha iniciativa semellante en relación coas sucesivas guerras en Siria, Afganistán ou Irak, proporá para a acollida a utilización dunha propiedade recentemente adquirida polo Concello, isto é: a do edificio orixinariamente construído para albergar vivendas de profesores na rúa Cuart de Poblet.

Un inmoble que, en palabras de Fernández, “conta con varias vivendas baleiras”, e cuxo recente proceso de desafectación previo á concreción da súa nova titularidade, “xa mereceu en 2016 doutra interpelación de Vilalba Aberta”, neste caso en base ás dúbidas do que facer con el unha vez pasara a mans municipais.

Unha opinión compartida pola responsable de Organización da formación, Mónica González, quen lembrou que “as consecuencias do conflito, que afectan principalmente á poboación civil, e o elevado número de persoas (máis dun millón) que están tentado saír da Ucraína, fai necesaria unha resposta”.

Así mesmo, a iniciativa de VA pon o foco tamén no papel da área de Servizos Sociais do Concello no que ten que ver coa “planificación da propia acollida”, así como ao “contacto directo e permanente para traballar na integración temporal ou definitiva destes refuxiados.”


Warning: Trying to access array offset on value of type null in /var/www/vhosts/editorialtristram.es/httpdocs/wp-content/themes/plosa/stats/stats_chatgpt.php on line 634

Warning: Trying to access array offset on value of type null in /var/www/vhosts/editorialtristram.es/httpdocs/wp-content/themes/plosa/stats/stats_chatgpt.php on line 635
0.14632797241211