Vilalba Aberta propón modificar a ordenanza reguladora do Servizo de Axuda no Fogar

TerraChaXa
Vilalba Aberta levará a Pleno unha proposta para a modificación da Ordenanza nº 10, reguladora do Servizo de Axuda no Fogar.
maiores residencia coidado saf
9 Mar 2023

Vilalba Aberta levará a Pleno unha proposta para a modificación da Ordenanza nº 10, reguladora do Servizo de Axuda no Fogar. Así o anunciou a nº 2 da formación, Mª Xosé Fernández, nunha presentación que dende VA se fixo coincidir co Día da Muller Traballadora.

A iniciativa pretende poñer o foco na situación laboral de moitas vilalbesas traballadoras no sector dos coidados. “As traballadoras pedíronnos mellorar a coordinación entre concello e empresa e rematar coa ineficiente política do servizo á carta” explicou Fernández.

Dous puntos de partida para unha proposta aberta que parte da preponderancia dos plans individuais de actuación. O  único xeito de compatibilizar a prestación dun servizo digno para os usuarios cunha calidade de vida digna para o conxunto das traballadoras.

Dende VA entenden que a falta de concreción da actual ordenanza está detrás de moitos dos problemas aos que día a día se enfronta estas traballadoras. Nese senso se pronunciarán no Pleno.

O obxectivo da formación é que as traballadoras da axuda a domicilio deixen de desenvolver labores que non lles corresponden, pola vía da aprobación dunha nova normativa municipal que parta do consenso de todos os grupos políticos.

0.18437886238098