Vilalba Aberta reúnese cos veciños de Belesar

TerraChaXa
Vilalba Aberta retoma esta venres a súa iniciativa “Rede de Parroquias” reuníndose cos veciños, ás 21h, na Casa Escola de Belesar.
REUNION PARROQUIAS VILALBA ABERTA
24 Mar 2022

Vilalba Aberta retoma esta venres súa pioneira iniciativa Rede de Parroquias. Aprazada a finais do pasado ano polo impacto da sexta onda da covid, estamos a falar dunha serie de encontros “parroquia a parroquia” deseñados pola formación co obxectivo de coñecer de primeira man as necesidades da veciñanza do rural e incorporalas, logo, á axenda política da corporación.

Así, e despois das seis primeiras de Santaballa e Nete, Ladra, Oleiros, Carballido e Corbelle a formación municipalista visitará Belesar co fin de celebrar a que será a séptima parada da agardada xeira.

“En novembro do pasado ano vímonos obrigados a suspendelas nun exercicio lóxico de responsabilidade; pero toda vez que a situación epidemiolóxica nolo permite, non podiamos máis que retomala”, explicou o seu voceiro municipal, Modesto Renda.

Á xuntanza, fixada para este venres día 25, ás 21h, na Casa Escola da parroquia, seguiralle outra, apalabrada xa, a celebrar o vindeiro mes na parroquia de San Simón.


Warning: Trying to access array offset on value of type null in /var/www/vhosts/editorialtristram.es/httpdocs/wp-content/themes/plosa/stats/stats_chatgpt.php on line 634

Warning: Trying to access array offset on value of type null in /var/www/vhosts/editorialtristram.es/httpdocs/wp-content/themes/plosa/stats/stats_chatgpt.php on line 635
0.19845414161682