Vilalba abre en setembro o prazo de pagamento do IAE
TerraChaXa
O Concello de Vilalba iniciará o 17 de setembro o prazo de pagamento voluntario do Imposto de Actividades Económicas, que se abonará entre esta data e o 20 de novembro do ano actual a cargo da Axencia Estatal de Administración Tributaria.
29 Ago 2018

Os contribuíntes recibirán os seus recibos na casa para que, no prazo indicado, efectúen o ingreso do importe ou importes fixados. No caso dos recibos domicialiados, estes serán cargados directamente na conta indicada polo responsable.