Vilalba acolleu a fin de semana o Torneo de Fútbol Sala de Base

TerraChaXa
Repartiron premios nas categorías benxamín, alevín e infantil
torneo-futbol-sala-de-base-vilalba
Foto de familia dos gañadores do torneo
4 Xuño 2024

Vilalba acolleu esta fin de semana a segunda edición do Torneo de Fútbol Sala de base organizado polo Grupo Forma-T Vilalba FS para as categorías benxamín, alevín e infantil.

Unha vez máis ampla participación de pequenos deportistas que pelexaron polos tres premios que se concederon en cada categoría.

Na benxamín, o Lago DVSport clasificou en primeiro lugar, seguido do club de Cospeito mentres que o premio Fair Play foi para Vilalba 2.

Na alevín, o Vilalba fixo dobrete. Gañou o primeiro e tamén levouse o Fair Play mentres que o Ribeira quedou en segundo lugar.

Na categoría infantil gañou de novo o equipo das Pontes e Vilalba ocupou a segunda praza no seu primeiro equipos e o Fair Play foi para o segundo.

Tamén se concederon varios premios individuais. Na categoría benxamín os mellores porteiros foi Edgar Parreño (Cospeito) e Álex Carballo (Lago Dvsport) mentres que o mellor xogador foi o pontés Juan Roca. Na alevín os premios foron para Vilalba 1, para o porteiro Iago Pérez e o xogador Lois Currás.

Finalmente na infantil Iker Meizoso como porteiro e Brais Gómez como xogador se levaron o trofeo para o Lago Dvsport.

0.1870698928833