Vilalba acolle a palestra 'Líeders: Nace unha escritora, Rosalía de Castro', da man de Pilar García Negro

O Instituto de Estudos Chairegos (IESCHA), coa colaboración do Concello de Vilalba, organiza unha nova actividade cultural centrada na figura da gran autora galega Rosalía de Castro.
Trátase da palestra titulada 'Líeders: Nace unha escritora, Rosalía de Castro', que será impartida pola recoñecida profesora honoraria da USC e escritora Pilar García Negro.
O acto terá lugar o martes 22 de abril ás 20:00 horas na Casa da Cultura de Vilalba, e contará coa presentación de Marisa Barreiro, presidenta do IESCHA.
Esta palestra enmárcase dentro do labor divulgativo e formativo que desenvolve o Instituto de Estudos Chairegos, e promete ofrecer unha mirada profunda e reveladora sobre os primeiros pasos literarios de Rosalía de Castro, figura esencial da literatura galega e precursora da identidade cultural do país.
Dende a organización, faise un convite aberto á veciñanza e ao público en xeral a asistir a este evento, que supón unha excelente oportunidade para achegarse á vida e obra dunha das máis grandes voces da nosa literatura, da man dunha das súas máis destacadas estudosas.