Vilalba acolle a presentación do libro 'Os médicos tamén enferman', de Martiño Noriega

Vilalba será o escenario da presentación do libro 'Os médicos tamén enferman', da autoría de Martiño Noriega, médico de familia e coñecido tamén pola súa traxectoria política. O evento terá lugar o xoves 26 de xuño ás 20:00 horas na Casa da Cultura.
Durante o acto, o autor manterá unha conversa coa concelleira de Promoción da Lingua, María Xosé Fernández, quen anunciou a presentación acompañada pola concelleira de Cultura, Mónica González, e o vicealcalde Modesto Renda.
A actividade insírese dentro da programación cultural do concello e supón unha oportunidade para afondar, da man do propio autor, nunha obra que conxuga reflexión persoal e análise profesional sobre o mundo da medicina desde unha perspectiva íntima e comprometida.