Vilalba acolle a proxección do documental 'O Vello Pancho' con coloquio posterior

TerraChaXa
O encontro comezará ás 20:30 horas e estará aberto ao público ata completar aforo da Casa da Cultura
proxeccion-o-vello-pancho
23 Oct 2025

A Concelleira de Cultura, Mónica González, e o tenente de alcalde, Modesto Renda, presentaron unha nova proposta cultural que terá lugar este venres, 24 de outubro, na Casa da Cultura de Vilalba.

A actividade consistirá na proxección do filme documental O Vello Pancho, dirixido por Xan Leira, seguida dun coloquio co propio director e co escritor e investigador Pablo Rodríguez. O encontro comezará ás 20:30 horas e estará aberto ao público ata completar aforo.

O Vello Pancho é un documental que afonda na emigración masiva galega cara ao Río da Prata durante a segunda metade do século XIX, con especial atención á comarca da Mariña lucense e a Ribadeo. A obra estreouse precisamente en Ribadeo, coincidindo co centenario do falecemento de O Vello Pancho, figura emblemática vinculada á historia migratoria galega.

Esta proxección enmárcase na programación cultural do Concello de Vilalba, que busca achegar ao público historias e creacións audiovisuais ligadas á identidade e á memoria colectiva de Galicia.

⚙ Configurar cookies
0.06989598274231