Vilalba acolle a representación da obra 'Cabezas de cartel'
TerraChaXa
Vilalba acolle o vindeiro sábado, 4 de febreiro, a peza Cabezas de cartel, a obra sinalada como unha das grandes sorpresas da tempada.
31 Xan 2023
Vilalba acolle o vindeiro sábado, 4 de febreiro, a peza Cabezas de cartel, a obra sinalada polos críticos como unha das grandes sorpresas desta tempada teatral.
Dende as 20:00 horas, o auditorio municipal da vila será o escenario desta representación da compañía Perigallo, que baixo a dirección de Luis Felpeto deixará momentos moi divertidos con dúas grandes interpretacións de Celia Nadal e de Javier Manzaneda.
Os dous actores escriben e protagonizan unha comedia ácida e intelixente sobre o mundo do teatro e o proceso creativo da nova montaxe dunha compañía de cómicos.