Vilalba acolle a representación de 'Arsénico por Caridade'

TerraChaXa
O Instituto de Estudos Chairegos, coa colaboración do Concello de Vilalba, programa para o vindeiro sábado 8 de febreiro de 2020, no Auditorio Municipal Carmen Estévez,  a representación da obra Arsénico por Caridade-Resurrección, a cargo da Escola Municipal de Teatro.
Captura de pantalla 2020 02 03 a las 7.56.23
3 Feb 2020

O Instituto de Estudos Chairegos, coa colaboración do Concello de Vilalba, programa para o vindeiro sábado 8 de febreiro de 2020, no Auditorio Municipal Carmen Estévez,  a representación da obra Arsénico por Caridade-Resurrección, a cargo da Escola Municipal de Teatro.

Esta obra estaba incluída no seu momento no programa do IV Outono de Teatro do pasado ano, pero tivo que ser suspendida, polo que se trouxo de novo esta fin de semana.

A representación terá lugar ás 20:30 horas e a entrada será de balde.

cartaz_escola teatro
0.20299315452576