Vilalba acolle a segunda edición da andaina solidaria de Cruz Vermella
O Concello de Vilalba acollerá por segundo ano consecutivo a Andaina Solidaria de Cruz Vermella, que ten como obxectivo recaudar fondos para a compra de xoguetes novos para aqueles nenos de familias sen recursos baixo o lema Os seus dereitos en xogo.
A Andaina Solidaria terá lugar o 16 de decembro, a partir das 13.00 horas e a inscrición para a mesma xa está aberta e pode realizarse en horario de mañá nas oficinas de Cruz Vermella, situadas no polígono industrial de Sete Pontes e no teléfono 620 218 127 de luns a venres entre as 10.00 e as 20.00 horas.
Como o ano pasado, os participantes podrán aportar o que consideren como cuota de inscrición e recollerán o seu dorsal a partir das 11.30 horas. O percorrido, todo urbán, constará de tres quilómetros e medio sen dificultade ningunha para que podan participar persoas de todas as idades con saída e chegada á praza da Constitución. Todos os participantes recibirán un agasallo e terán avituallamento durante a proba.
O obxectivo do Concello é recadar cartos suficientes para poder comprar un xoguete novo aos 120 pequenos de entre 0 e 11 anos que están acollidos a este programa nos concellos de Vilalba, Abadín, Xermade, Cospeito e Castro de Rei. O ano pasado recaudáronse 600 euros e participaron cen persoas, polo que este ano a intención é superar ambos os dous números.
Responsables de Cruz Vermella lembraron que ata o día 20 está aberto o prazo para acollerse a este programa solidario, que quere repartir os agasallos o día 4 de xaneiro.