Vilalba acolle a segunda sesión do Ciclo Mestre Mateo con cinco curtas finalistas

TerraChaXa
A proxección, que terá lugar o sábado 28 de xuño de 2025 ás 20:00 horas no Auditorio
CURTOS-ANIMACION-MESTRE-MATEO
25 Jun 2025

O Instituto de Estudos Chairegos (Iescha), en colaboración coa Academia Galega do Audiovisual e o Concello de Vilalba, organiza a segunda sesión de curtametraxes dentro do Ciclo Mestre Mateo-2025. O evento conta co apoio económico do ICAA-Ministerio de Cultura e da Axencia Galega das Industrias Culturais.

A proxección, que terá lugar o sábado 28 de xuño de 2025 ás 20:00 horas no Auditorio Municipal de Vilalba, incluirá cinco curtas finalistas dos XXIII Premios Mestre Mateo: Avetomoloxía, Noites de prata, Sinapse, Eu vou comigo e Platónico, platónica.

Esta iniciativa permite ao público chairego achegarse ao mellor do audiovisual galego actual, nun ciclo que durante os vindeiros meses seguirá ofrecendo unha selección destacada de documentais, longametraxes e curtametraxes recoñecidas pola Academia.

⚙ Configurar cookies
0.16828584671021