Vilalba acolle a V Mostra Coral o día 10
TerraChaXa
O Concello de Vilalba acollerá o 10 de novembro a V Mostra Coral de Vilalba, que dará comezo ás 20:30 horas e terá lugar no auditorio municipal Carmen Estévez.
6 Nov 2018
O Concello de Vilalba acollerá o 10 de novembro a V Mostra Coral de Vilalba, que dará comezo ás 20:30 horas e terá lugar no auditorio municipal Carmen Estévez.
O programa dará comezo coa actuación da Coral Polifónica de Tapia de Casariego, que estará dirixada por Ana González Suárez. A continuación actuará a Coral Polifónica Santa Comba de Cordeiro (Valga), dirixida por Manuel López Castro e finalizará coa Coral Polifónica Vilalbesa, con Uxío García Amor.
Todas as corais interpretarán catro pezas.