Vilalba acolle deste domingo unha representación de FalaRedes
O Auditorio Municipal do Concello de Vilalba acolle este domingo, dende as 18:00 horas, unha nova edición do programa FalaRedes de dinamización lingüística.
A peza Castelao. Daniel no peirao será a encargada de inaugurar o ano 2023 en Vilalba desta iniciativa que busca fomentar o consumo de produtos culturais en galego, achegar o coñecemento das figuras máis relevantes da cultura de Galicia e proporcionar unha experiencia positiva ligada á nosa lingua.
A obra de teatro de Culturactiva Producións está dirixida ao público de 6 a 10 anos e as súas familias.
A montaxe xira arredor da figura de Afonso Daniel Rodríguez Castelao, co argumento dunha persecución polas rúas de Rianxo nas horas previas á partida cara a Arxentina xunto a súa nai.
O elenco, a música e o deseño de iluminación combínanse creando un espectáculo cheo de plasticidade, cor e ritmo, non que non falta o humor e a intriga.
A entrada é libre ata completar aforo.