Vilalba acolle dous obradoiros de danza e freestyle para pequenos este venres

TerraChaXa
Este venres a partir das 5 da tarde, dentro da programación cultural preparada polo Concello de Vilalba para este verán atípico realizaranse obradoiros para a rapazada na Praza de Santa María.
Captura de pantalla 2020 07 30 a las 8.59.49
30 Xul 2020

Este venres a partir das 5 da tarde, dentro da programación cultural preparada polo Concello de Vilalba para este verán atípico realizaranse obradoiros para a rapazada na Praza de Santa María. Serán de danza urbana e freestyle footballe.

Serán para nenas e nenos a partir de 8 anos. Ademais, o día 14 de agosto ser celebrarán outros de rap e graffiti para pequenos a partir de 10 anos.

Participarán nas actividades por orde de chegada, distribuíndo grupos de 15 persoas como máximo. Sempre coidando as medidas de seguridade e sendo obrigatorio uso de máscara.

As actividades adiadas de Lecer no rural e Cine na rúa estanse reprogramando para datas próximas que se comunicarán nas vindeiras semanas.

115765435_2735923019960351_3695778891066346777_o
0.17251801490784