Vilalba acolle esta fin de semana o torneo de fútbol 8 Tecnorenova
TerraChaXa
Participarán 49 clubs con 600 rapaces e rapazas, que xogarán na Madalena
Presentación do Torneo Tecnorenova en Vilalba
7 Xuño 2024
Vilalba acolle esta fin de semana a terceira edición do Torneo Tecnorenova CUP para as categorías alevín e benxamín.
A primeira xornada será para os alevíns e o domingo os benxamíns tomarán os campos do estadio da Madalena, onde se vai celebrar este evento no que participan 49 equipos cunhs 600 deportistas.
Como en todos os torneos deste tipo, os partidos terán unha duración de 20/25 minutos empezando ás 9.30 horas e rematando as finais ás 21.00.
Ademais de numerosos equipos da provincia, participan tamén doutras partes de Galicia.