Vilalba acolle esta fin de semana unha nova edición da Mostra de Teatro

TerraChaXa
Vilalba acollerá entre o 9 e o 11 de xuño unha nova edición da Mostra de Teatro, que se fai na capital chairega por XXI ocasión.
mostra teatro vilalba portada
8 Xuño 2023

Vilalba acollerá entre o 9 e o 11 de xuño unha nova edición da Mostra de Teatro, que se fai na capital chairega por XXI ocasión. Esta mostra consistirá na representación de varias obras de teatro, unha por xornada no Auditorio Municipal Carmen Estévez de Vilalba, para distintos públicos. Con respecto ao horario, as dúas primeiras serán ás 20.30 horas mentres que a do domingo dará comezo ás 19.30 horas.

A primeira das obras será As portas do verán, obra conxunta infantil e xuvenil que estará a cargo da Escola Municipal de teatro de Vilalba.

O sábado será a vez de Ulises, dirixida para público adulto e que tamén estará ao cargo a Escola Municipal de teatro de Vilalba.

Finalmente, o domingo representarase, ás 19.30  horas, De marzo a marzo, de Opaí Teatro-Canido SRD.

mostra teatro vilalba
0.16023015975952