Vilalba acolle este domingo o III Torneo de Fútbol Sala Base Grupo Forma-T

Este domingo celebrarase en Vilalba a terceira edición do Torneo de Fútbol Sala Base Grupo Forma-T, organizado polo club vilalbés. A cita deportiva desenvolverase ao longo de toda a xornada no pavillón municipal e no pavillón do IES Insua Bermúdez.
O evento comezará ás 9:00 horas e prolongarase durante todo o día, coa celebración das finais pola tarde, nun ambiente marcado pola deportividade e a participación de mozos e mozas de diferentes categorías.
Un plan perfecto para un domingo de feira e de fútbol en Vilalba, que volverá converterse en punto de encontro para a canteira do fútbol sala galego.