Vilalba acolle este sábado a proxección do documental de SOS Sanidade Pública

TerraChaXa
Será este sábado, ás 20.00 horas e rematarán cun coloquio
destryur-e-o-plan-vilalba
Documental
6 Xuño 2024

O Instituto de Estudos Chairegos organiza o sábado 8 de xuño, ás 20:00 horas, no auditorio de
Vilalba, a proxección do documental DEP: Destruír é o plan, impulsado pola plataforma SOS Sanidade Pública, e que pretende descubrir "de maneira áxil e entretida os motivos polos que a mortalidade evitable, non explicable pola epidemioloxía, segue crecendo en Galicia”.

O vídeo conta coa colaboración de expertos e profesionais sanitarios así como entrevistas con
testemuñas que están a sufrir as consecuencias do colapso do noso sistema sanitario.

Ao final da proxección terá lugar un coloquio no que participará Manuel Martín, voceiro de SOS Sanidade Pública. Entrada libre ata completar aforo.

SOS Sanidade é unha plataforma de profesionais do sector sanitario, que apoiados por todo tipo de entidades e colectivos, traballan sen ánimo de lucro para resolver os problemas do Sistema Público de Saúde xerados pola irresponsable xestión destrutiva da Xunta de Galicia, que desde fai anos reduce o gasto da sanidade sen ningunha xustificación mentres aumenta o gasto noutras consellerías moito menos prioritarias para o interese xeral da poboación. Como consecuencia estanse eliminando facultativos e servizos, estanse a pechar centros de atención primaria e alónganse as ocultas listas de espera nos hospitais mentres se subcontrata, privatiza ou deriva o servizo á sanidade privada.

0.096750974655151