Vilalba acolle este sábado unha sobre sobre o ensino no franquismo

TerraChaXa
Unha montaxe do grupo de teatro do Colectivo Cultural Ollomao terá lugar este sábado en Vilalba. Tratase da obra Enciclopedia Álvarez.
enciclopedia alvarez vilalba portada
29 Out 2021

Unha montaxe do grupo de teatro do Colectivo Cultural Ollomao terá lugar este sábado en Vilalba. Tratase da obra Enciclopedia Álvarez, a historia do día a día de catro nenas e catro nenos sometidos á absurda e ilóxica “des-educación” da escola franquista.

A obra terá lugar ás 20 horas no Auditorio Municipal e as entradas poden mercarse na casa da cultura ou na dirección habitual https://entradasvilalba.es/.../teatro/enciclopedia-alvarez.

Os problemas de matemáticas aos que “lles faltan datos” ou están “mal planteados”, as preguntas de catecismo que se contestan de determinada maneira “porque lo pone el libro”, as clases de ximnasia impartidas por mutilados de guerra, as de “hogar” para as nenas a cargo de mulleres da Sección Femenina ou a visita do inspector da Falange, entre outras, poñen sobre o escenario algunhas das incoherencias máis notorias daquel sistema.

Unha historia contada con humor, porque desde o humor é máis agradable exercer a sempre necesaria memoria histórica. Unha historia que nos axuda a comprender o absurdo dun sistema educativo #autoritario e irracional. Un absurdo incrementado polo paso do tempo, pero que durante máis de corenta anos foi un dogma imposto pola forza.

Enciclopedia Álvarez é unha invitación ao sorriso. Sobre todo porque nos fala dun pasado “aparentemente” afastado da nosa realidade actual.

enciclopedia alvarez teatro vilalba
0.091987133026123