Vilalba acolle este venres unha xornada sobre prevención do cannabis

TerraChaXa
Vilalba acolle este venres, 15 de setembro, unha xornada de prevención do consumo de cannabis.
xornada ludica uso cannabis portada
14 sep 2023

Vilalba acolle este venres, 15 de setembro, unha xornada de prevención do consumo de cannabis. A concelleira de Servizos Sociais de Vilalba, Marta Rouco, anuncia esta xornada dinámica e lúdica dirixida á mocidade e ao público en xeral, para sensibilizar sobre as consecuencias do consumo de cannabis de cara á súa prevención.

Terá lugar entre as 17:30 a 21:30 na praza da Constitución. O programa do evento inclúe o uso de gafas de simulación dos efectos do cannabis e os opiáceos, testemuñas, e outros xogos e actividades.

Marta Rouco destaca "o noso compromiso coa promoción dun ocio saudable para a mocidade vilalbesa e para toda a veciñanza por parte do Concello de Vilalba, no que se encadran iniciativas como esta".

xornada ludica uso cannabis
0.18590402603149