Vilalba acolle o domingo a representación de 'O mozo da última fila'

TerraChaXa
O Concello de Vilalba informa da representación da obra de teatro “O mozo da última fila” este domingo 16 de outubro, no Auditorio Municipal.
O MOZO DA ULTIMA FILA CARTAZ PORTADA
11 Oct 2022

O Concello de Vilalba informa da representación da obra de teatro “O mozo da última fila” este domingo 16 de outubro, no Auditorio Municipal Carmen Estévez. O espectáculo, a cargo de Redrum Teatro, comezará ás 20.30 e a entrada será de balde, previa reserva en https://entradasvilalba.es/evento/teatro/o-mozo-da-ultima-fila

A obra está dirixida por Alex Sampeyo, con texto de Juan Mayorga, mentres que o elenco fórmano Guillermo Carbajo, Roberto Leal, Belén Constenla, entre outros. O texto recibiu o Premio Max e foi escollido en 2018 dentro de plans de fomento á lectura en institutos de secundaria. Ademais, o elenco recibiu un premio e varias nominacións nos galardóns “María Casares 2021”.

Argumento da obra teatral

Na peza cóntase a historia de Claudio, un estudante de secundaria que senta na última fila. Non fala, non participa, non é problemático, non destaca, salvo en Matemáticas. Cada clase fáiselle máis insoportable ata que Xermán, o profesor de Lingua e Literatura, manda escribir unha redacción sobre a fin de semana.

A partir dese intre, Claudio empeza a transformarse en alguén que observa, imaxina e escribe a vida doutros nun relato por entregas para un só lector. Ese relato compartido polo discípulo e o mestre converterase nun xogo cada vez máis perigoso para eles e para quen os rodea. Un xogo que se disputa en dous taboleiros: o da vida e o da literatura.
Unha reflexión cargada de ironía sobre a necesidade de contar historias, a fascinación polas vidas alleas e a lexitimidade da creación artística.

O MOZO DA ULTIMA FILA CARTAZ
0.16302394866943