Vilalba acolle o luns unha sesión gratuíta sobre a PAC
TerraChaXa
Serán na sede do SLG en horario de mañá e tarde
10 Out 2024
Este luns, 14 de outubro, SLG e COAG organizan unha xornada gratuíta sobre a PAC en Vilalba, que terá lugar no local de Vilalba do SLG.
O curso estará impartido por Andrés Castro e inclúe xantar e desenvolverase de 11.00 a 14.00 horas e 15.00 a 17.00.
A actividade conta co financiamento do Ministerio de Agricultura, Pesca e Alimentación (MAPA). As persoas que desexen participar deberán inscribirse nos contactos 982 512 431 e vilalba@sindicatolabrego.gal