Vilalba acolle o mércores unhas xornadas de loita olímpica
TerraChaXa
O mércores 14 de decembro no CEIP Antonio Insua Bermúdez de Vilalba acollerá as XV Xornadas internacionais de Loitas Olímpicas
12 Dec 2022
O mércores 14 de decembro no CEIP Antonio Insua Bermúdez de Vilalba acollerá as XV Xornadas internacionais de Loitas Olímpicas, unha aproximación a este deporte.
As campioas Lydia Pérez e Nerea Pampín serán as protagonistas deste evento co que se busca dar a coñecer este deporte entre a veciñanza.
Haberá clases pola mañá no colexio e entre as 18.00 e as 20.00 horas na sala de loita do auditorio haberá unha sesión especial.
Todas as clases do mércores contarán con mestres de altísimo nivel neste deporte tan asentado en Vilalba a través do Club Loita Olimpica Vilalba.