Vilalba acolle o sábado a presentación do libro recompilatorio dos microrrelatos

TerraChaXa
Presentación este sábado dun novo volume de microrrelatos, que inclúe os textos premiados no certame vilalbés do Día do Libro.
presentacion libro microrrelatos portada
22 sep 2022

O Concello de Vilalba informa da presentación este sábado, 24 de setembro, dun novo volume de microrrelatos, que inclúe os textos premiados na III e IV edicións do Certame de Microrrelatos do Día do Libro. Dito concurso está organizado polo Concello de Vilalba e Culturalia GZ, en colaboración coa editorial Alvarellos.

En total, presentaranse 17 composicións, que pertencen as tres categorías contempladas no certame, infantil, xuvenil e persoas adultas, e que foran premiadas nas edicións de 2020 e 2021 do citado concurso.

A tenente de alcaldesa do Concello de Vilalba, Marta Rouco, asistirá ao evento xunto a outros membros do grupo de Goberno. Tamén estarán presentes Martiño Maseda, de Culturalia GZ, e Henrique Alvarellos, da editorial Alvarellos.

Os microrrelatos premiados, fieis ao seu xénero literario, desenvolven, en moi poucas liñas, toda unha trama, caracterizada pola súa brevidade e intensidade.

Este supón o segundo volume publicado deste Certame, despois do editado en 2020, que recollía os relatos gañadores das dúas primeiras edicións. Dende a organización destacan a consolidación do premio, apoiado pola edición destes dous volumes.

presentacion libro microrrelatos
0.35047602653503