Vilalba acolle o venres a actuación de Aidalai, tributo a Mecano

TerraChaXa
Vilalba acollerá este venres, 19 de xaneiro, a actuación de Aldalai, tributo a Mecano, o show máis completo para volver á década dourada da música, rendendo homenaxe ao que foi un dos mellores grupos de pop español da historia, Mecano.
aidalai tributo a mecano
aidalai tributo a mecano
15 Xan 2024

Vilalba acollerá este venres, 19 de xaneiro, a actuación de Aldalai, tributo a Mecano, o show máis completo para volver á década dourada da música, rendendo homenaxe ao que foi un dos mellores grupos de pop español da historia, Mecano.

Luces e música coidada ao detalle para que poder revivir os concertos daqueles anos, ou gozalo por primeira vez se non puideches facelo antes.

A actuación terá lugar ás 20.30 horas e as entradas xa están á venda neste enlace.

Cunha voz moi conseguida (Isabel Fernández) e tres músicos multi-instrumentistas (Manu Porras, Pepe Monzón e Daniel Millán), Aidalai lévanos da man nunha viaxe a través do tempo no que o público bailará, cantará e posiblemente chorará lembrando moitos dos temas que foron Banda Sonora das súas vidas.

Entre elas, os temas máis famosos do último álbum de estudo do grupo madrileño e que dá nome ao tributo.

0.1380500793457