A vila de Vilalba acolle un ano máis o 'Comercio na rúa' do 18 ao 24 de agosto

A Asociación de Empresarios de Vilalba organiza un ano máis o tradicional “Comercio na rúa”, unha cita xa consolidada no calendario comercial da localidade, que nesta edición se celebrará do 18 ao 24 de agosto de 2025.
Durante estes días, os comercios participantes sacarán á rúa as súas prendas e produtos, ofrecendo aos veciños e visitantes a oportunidade de realizar as súas compras nun ambiente diferente, próximo e dinámico.
Como incentivo para o público, sortearanse catro vales de compra de 50 euros entre todas as compras realizadas durante a semana. As papeletas para participar no sorteo entregarase directamente nos establecementos adheridos á campaña.
Esta iniciativa, promovida pola Asociación de Empresarios de Vilalba e cofinanciada pola Xunta de Galicia e a concellaría de comercio do Concello de Vilalba, forma parte do calendario de campañas de dinamización comercial que se desenvolve entre novembro de 2024 e outubro de 2025.
O 'Comercio na rúa' é unha das últimas accións deste período, pero en setembro chegarán dúas campañas moi interesantes: o Desfile de Moda e a campaña de Vuelta al Cole, ambas cargadas de sorpresas para o público.
Desde a Asociación de Empresarios de Vilalba animan a toda a cidadanía e aos visitantes a achegarse a Vilalba nestas datas, previas ás festas de San Ramón e Santa María, para desfrutar do “Comercio na rúa” e apoiar ás tendas locais.