Vilalba acolle un concerto con motivo do Día das Forzas Armadas

TerraChaXa
Este acto está organizado polo Exército de Terra e o Campo de Manobras e Tiro de Parga
concerto-forzas-armadas
6 Jun 2025

Vilalba acollerá este sábado 7 de xuño ás 20:30 horas un emotivo concerto con motivo do Día das Forzas Armadas, que terá lugar no Auditorio Carmen Estévez. O evento será protagonizado pola Unidade de Música Militar do Cuartel Xeral da MAM do Exército de Terra, que ofrecerá unha coidada selección de obras musicais para conmemorar esta data tan especial.

O concerto será gratuíto, aínda que se accederá mediante invitación ata completar o aforo do auditorio. As invitacións poden reservarse a través da web www.entradasvilalba.es, na Casa da Cultura, ou recollerse directamente no despacho de billetes do auditorio o mesmo día do evento.

Este acto está organizado polo Exército de Terra e o Campo de Manobras e Tiro de Parga (Comil Lugo).

⚙ Configurar cookies
0.16855001449585