Vilalba acolle un concurso de puzzles este domingo
O concello de Vilalba acollerá este domingo o I Concurso de Puzzles. Organizado por Doctor Panush, coa colaboración Asociación Española de Puzzles, o obxectivo é que grandes e pequenos de Vilalba e chegados de todos os recunchos do país desfruten dunha xornada de diversión e xogo en familia.
A actividade terá lugar na entrada do Auditorio.
A sesión terá lugar a partir das 10.00 horas e repartirase en tres grupos. Primeiro comezarán as parellas, que teñen de prazo 2 horas para facer un puzzle de 500 pezas. Ás 12.30 horas será a vez das infantís. Haberá tres categorías de participantes e farán puzzles de 100, 200 e 300 pezas, respectivamente.
Finalmente, será a categoría por equipos, que dará comezo ás 15.00 horas e ten un prazo máximo de tres. Farán un puzzle de mil pezas.
Haberá premios para os tres primeiros en cada categoría.