Vilalba acolle un curso de enxerto e poda os días 8 e 9 de marzo

O Sindicato Labrego Galego e COAG organizan un curso de enxerto e poda que terá lugar os días 8 e 9 de marzo no Local Social da Pedragosa, en San Simón da Costa (Vilalba). A formación desenvolverase en horario de 10:00 a 14:00 e de 16:00 a 18:00 horas e está dirixida a persoas traballadoras, autónomas e desempregadas.
O curso ofrecerá coñecementos teóricos e prácticos sobre as técnicas de enxerto e poda, fundamentais para o coidado e mantemento de árbores froiteiras e outros cultivos. As persoas interesadas poden obter máis información e inscribirse a través dos teléfonos 604 026 536 (Andrés) e 669 254 677 (Iván), ou mediante o correo electrónico vilalba@sindicatolabrego.gal.
A iniciativa está financiada ao 100% polo Ministerio de Agricultura, Pesca e Alimentación, dentro do programa de formación agraria.