Vilalba acolle un festival de ximnasia rítmica este domingo

TerraChaXa
O concello de Vilalba e o Club Violeta organizan unha edición máis do festival Terra Chá, que reúne as escolas da comarca.
festival terra cha ximnasia ritmica vilalba portada
13 Maio 2022

O concello de Vilalba e o Club Violeta organizan unha edición máis do festival Terra Chá, que reúne as escolas da comarca: Vilalba, Guitiriz, Castro de Rei, Castro Riberas de Lea, Begonte, Outeiro de Rei, Rábade e Cospeito. Será este domingo, 15 de maio, a partir das 17.30 horas no pavillón municipal dos deportes.

O obxectivo desta cita é a motivación entre as ximnastas que comezan con este deporte nas escolas deportivas, ao tempo que se promociona este deporte.

O encontro lúdico-deportivo permite que tanto familias como ximnastas podan gozar nesta xornada do traballo realizado nas escolas de ximnasia rítmica.

0.19178199768066