Vilalba acolle un obradoiro de Regueifa o mércores
A área de Promoción da Lingua de Vilalba anuncia a vindeira celebración dun Obradoiro de Regueifa. A concelleira María Xosé Fernández, explicou que terá lugar na Casa da Cultura de Vilalba e estará impartido polas Laretas.
As Laretas son catro rapazas (Mariña Díaz, Noa Formoso, Vera Rouco e Eugenia Vérez), que comezaron a regueifar no 2022, nuns obradoiros de regueifa que tiveron lugar no IES Basanta Silva.
Foron as gañadoras da Regueifa Champiñóns League (a Liga de regueifa que arrincou no instituto vilalbés nese mesmo ano cun grande éxito de público entre a rapazada) e son, por tanto xa, mestras de regueifa experimentadas, pois no curso pasado impartiron - e seguen a facelo - obradoiros por varios centros de ensino da contorna.
Agora farase dende o Concello, ás 18:30 horas do vindeiro mércores 18 de outubro (entrada libre e gratuíta).