Vilalba acolle un roteiro solidario en bicicleta este sábado
Os Biciclistas Galegos organizan a IV ruta solidaria en familia para este sábado 9 de xullo, retomando a última, que tivo lugar en setembro de 2019.
Así, o percorrido será duns 20 quilómetros de distancia e está adaptado para todos os públicos.
Terá saída desde Vilalba, na praza da Constitución, ás 10.00 horas, coa recollida de dorsais dende as 9.30, e chegará preto da charca do Alligal, onde haberá avituallamento, para voltar ao centro urbano da vila.
Desde a organización recordan que é necesario o uso de casco e que haberá que inscribirse para participar e que pode facerse mediante email a contactobiciclistas@gmail.com ou neste enlace.
A inscrición ten un custe de 3 euros, xa que o obxectivo e recadar fondos para o banco de alimentos infantil e contarán cun caixón para depositar os donativos voluntarios.