Vilalba acolle un taller de disciplina positiva para pais

TerraChaXa
Vilalba acollerá o 8 de febreiro un taller de disciplina positiva en pequenos que se impartirá en  Mins, no centro de ocio infantil.
84548302_1070484269984620_8145650607827451904_n
29 Xan 2020

Vilalba acollerá o 8 de febreiro un taller de disciplina positiva en pequenos que se impartirá en  Mins, no centro de ocio infantil.

O taller está a cargo de Supercamuchita por medio de Mercedes de Santaló, mestra en pedagoxía terapéutica, madre e certificada en disciplina positiva.

Este taller está dirixido a todos os públicos, pero para facilitar a asistencia haberá un taller simultáneo para pequenos.

Os interesados en participar poden inscribirse no correo mindseducacion@gmail.com e deberán abonar 30 euros por persoa e 50 por parella.

A comunicación, o amor, o entendemento e a empatía son as bases da comunicación e das relacións familiares e, segundo esta teoría, dá ferramentas aos pais para entender o comportamento dos seus fillos (mesmo cando non é adecuado) e reconducilo con respecto, sen loitas de poder e sempre de forma positiva.

É un enfoque que non inclúe nin o control excesivo nin a permisividade. Baséase no respecto mutuo e a colaboración, todo coa intención de ensinar ás neno competencias básicas para a vida.

0.1926748752594