Vilalba acolle unha xornada técnica sobre o capón de Vilalba
TerraChaXa
O Concello de Vilalba informa da celebración dunha xornada técnica para impulsar a Indicación Xeográfica Protexida (IXP) do capón de Vilalba.
10 Abr 2022
O Concello de Vilalba informa da celebración dunha xornada técnica para impulsar a Indicación Xeográfica Protexida (IXP) do capón de Vilalba, tratando os seus condicionantes técnicos e administrativos.
A xornada desenvolverase o próximo mércores 20 de abril, dende ás 9:30 ás 14:30, na Biblioteca Municipal de Vilalba. As inscricións realízanse no e-mail agacal.certificacion@xunta.gal e pódese solicitar máis información no teléfono 881 99 72 79.
A sesión estará dividida en sete charlas, nas que se tratarán as indicacións de calidade, os requisitos técnico-administrativos, a produción ecolóxica, a hixiene en explotacións e matadoiros de aves, a avicultura artesá, así como os regulamentos da IXP, os mecanismos de control, entre outros asuntos.