Vilalba acollerá a estrea do documental Segadores da Órrea en terras de Castela, un tributo á memoria colectiva

TerraChaXa
O filme, de carácter etnográfico, recolle a memoria viva dun fenómeno histórico, social e cultural que marcou a Galicia durante tres séculos, dende o século XVII ata os anos 60 do século XX
segadores-da-Orrea
10 Jun 2025

O Instituto de Estudos Chairegos, a Área de Cultura da Vicepresidencia da Deputación de Lugo e a Asociación de Veciños e Veciñas de Santa Comba da Órrea, coa colaboración do Concello de Vilalba, organizan o venres 13 de xuño de 2025, ás 20:30 horas na Casa da Cultura de Vilalba, a proxección do documental Segadores da Órrea en terras de Castela. Unha historia de heroes, producido pola Asociación de Veciños e Veciñas de Santa Comba da Órrea e dirixido por Vanesa Gómez Lourido e Laura Alonso Carracedo.

O filme, de carácter etnográfico, recolle a memoria viva dun fenómeno histórico, social e cultural que marcou a Galicia durante tres séculos, dende o século XVII ata os anos 60 do século XX. A través dos testemuños de 31 homes e mulleres que viviron aquelas duras campañas nas searas de Castela, o documental constrúe un relato colectivo cheo de emoción, que honra a xeración de segadores da Órrea que, cada verán, abandonaban temporalmente as súas casas para traballar no campo castelán.

A proxección forma parte dun esforzo por recuperar e poñer en valor a memoria histórica da emigración estacional e do traballo agrícola, e supón un recoñecemento ao sacrificio e á resistencia dunha comunidade rural que loitou por saír adiante a través do esforzo colectivo.

⚙ Configurar cookies
0.17334198951721