Vilalba acollerá a primeira concentración de escolas de rugby de Galicia

TerraChaXa
Será o 19 de outubro organizado polo Capóns Vilalba Rugby Club
concentracion-de-escolas-rugby-vilalba
30 sep 2024

O vindeiro 19 de outubro Capóns Vilalba Rugby Club organizará a primeira Concentración das Escolas de Rugby de Galicia da tempada en colaboración ca Federación Galega de Rugby e o Concello de Vilalba.

É por tanto a primeira vez que o club ten a posibilidade de reunir a tódalas escolas de rugby base de Galicia en Vilalba mediante un evento de este tipo.

A sesión dará comezo ás 10,30 e prolongarase ata as 14 horas no estadio municipal da Madalena e campo anexo (Capoeira).

Está prevista a participación de 16 equipos e 300 cativos e cativas das categorías M6/M8/M10 e M12.

0.18509387969971