Vilalba acollerá a próxima semana unhas charlas sobre lingua e identidade

TerraChaXa
O Iescha e o Consello da Cultura Galega, en colaboración co Concello de Vilalba, organizan as Xornadas Lingua e Identidade.
programa xornadas lingua e identidade
20 Nov 2021

O Instituto de Estudos Chairegos e o Consello da Cultura Galega, en colaboración co Concello de Vilalba, organizan as Xornadas Lingua e Identidade, que se levarán a cabo na Casa da Cultura de Vilalba, os días 26 e 27 de novembro de 2021.

Estas sesión arrancarán o venres, 26 de novembro, ás 19.30 horas co acto de apertura no que intervirán Marisa Barreiro Mejuto, presidenta do Instituto de Estudos Chairegos, e Elba Veleiro Fernández, alcaldesa.

Comezará a programación ás 19:45 con teatro a cargo da Escola Municipal de Teatro, que representará Falemos como galeg@s para continuar, ás 20:15, cunha conferencia de Marcos Maceiras eiras, presidente da Mesa pola Normalización Lingüística co título Abertos ao Galego, facendo empresa en Galego.

Rematará a xornada a conferencia de Vicente González Prado, economista e asesor fiscal e Luz Airado Bello, avogada en Airado Bello Avogadas-Membro da Irmandade Xurídica Galega coa temática O galego a pé de despacho. Asesoría e Avogacía.

O sábado retomarase a programaicón cunha videoconferencia de Anik Nandi, sociolingüista bengalí-Doutor Linguas e estudos interculturais co título O galego en familia. Prácticas lingüísticas dos proxenitores pro-galego.

Seguirán, ás 11.3o outra intervención da profesora e xornalista Marta Veiga Izaguirre sobre Diarios de neofalantes.

Trala pausa retomarase a programación, ás 12.30 horas, coa intervención da profesora Rebeca Leal Eimil sobre A adolescencia programada do galego.

As charlas serán clausuradas por Rosario Álvarez Blanco, presidenta do Consello de Cultura Galega cunha ofrenda floral aos membros das Irmandades da Fala ao pé do monolito conmemorativo no xardín exterior do Parador, acompañada da música de Buxos Verdes.

xorndas lingua e identidade iescha
0.16353893280029