Vilalba acollerá o I Campionato de Tute do Rácing Vilalbés

TerraChaXa
O torneo contará cunha ampla variedade de premios, con ata 1800 puntos para o campión
tute-racing-vilalbes
3 Feb 2025

O próximo sábado 1 de marzo, ás 17:00 horas, celebrarase no Estadio Roca de Vilalba o I Campionato de Tute RCV - Estrella Galicia, un evento que reunirá aos mellores xogadores deste popular xogo de cartas.

O torneo contará cunha ampla variedade de premios, con ata 1800 puntos para o campión, ademais de premios para os mellores clasificados na repesca. En caso de non completarse as 64 parellas previstas, os premios serán proporcionais ao número de participantes.

A inscrición ten un custo de 100 puntos por parella, e os interesados poden anotarse a través dos teléfonos de contacto facilitados no cartel. O evento ofrecerá tamén pinchos gratuítos para todos os participantes, cun menú que incluirá lacón, tortilla e callos.

O Rácing Club Vilalbés, organizador do campionato, garantirá un ambiente acolledor, xa que o local contará con calefacción. Unha gran oportunidade para os afeccionados ao tute de gozar dunha xornada de competición e boa gastronomía en Vilalba.

0.14871907234192