Vilalba acollerá o III Duatlon Escolar o día 23

TerraChaXa
A competición dará comezo ás 11:00 horas e terá como punto de saída e chegada a Estación de Autobuses
torneo-duatlon-vilalba
14 Feb 2025

O vindeiro domingo, 23 de febreiro, Vilalba será o escenario do III Duatlon Escolar, unha proba organizada polo Tríatlon Vilalba que servirá como clasificatoria para o programa Xogade na provincia de Lugo.

A competición dará comezo ás 11:00 horas e terá como punto de saída e chegada a Estación de Autobuses de Vilalba.

Os/as participantes competirán en catro categorías segundo a súa idade, benxamín, alevín, infantil e cadete.

0.1693811416626