Vilalba acollerá o IV Torneo Concello de Vilalba de tenis de mesa
O pavillón municipal de Vilalba acollerá os días 8 e 9 de decembro a cuarta edición do Torneo Concello de Vilalba de tenis de mesa, que se engloba dentro do circuíto galego.
Un total de 230 deportistas xuntaranse para competir durante dous días en terras chairegas distribuídos en dúas xornadas. Na de o sábado haberá un torneo por cartegorías no que estarán prsentes un total de 182 participates, todos eles de entre 6 e 75 anos de idade distribuidos por todas as categorías posibles dende benxamín a veteranos, nalgúns casos mixtos e noutros separados por sexo.
O domingo a competición centrase na categoría absoluta, na que participarán 48 deportistas. O horario para os dous días comezará ás 9.30 horas da mañá e alongarase ata ben entrada a tarde. Prevese maior duración o sábado pola celebración das eliminatorias e as fases de oitavos a finais.
A participación nesta competición estivo lastrada pola coincidencia coa celebración en Zaragoza da repesca para o nacional, pero aínda así contan cunha ampla participación con representación non só galega, senón tamén nacional e internacional. O club que presenta máis deportistas será o de Narón, seguidos do de Portas de Lugo e o organizador do evento, o TDM Vilalba, que leva 28 xogadores.
Ademais, haberá un grupo de 8 participantes con discapacidade que realizarán tamén a súa competición propia. Tres deles están en cadeira de rodas, dous teñen discapacidade psíquica e outros tres física. Este tipo de comeptición só se celebra en Vilalba e Narón.
Os premios consistirán serán torres que elabora o Centro de Formación Ocupacional de Vilalba.