Vilalba acollerá un contacontos con Caxoto no Parque Rosalía de Castro

O vindeiro martes, 19 de agosto, Vilalba vivirá unha xornada dedicada á imaxinación e ao humor coa visita de Caxoto, que presentará o seu espectáculo Grandes éxitos 2004-2024.
A actuación comezará ás 12:00 horas no Parque Rosalía de Castro e estará aberta a todas as persoas, sen necesidade de inscrición previa.
A actividade está recomendada para público a partir dos 4 anos e busca ofrecer un espazo para rir, soñar e deixar voar a creatividade.
O evento contará tamén coa participación dos nenos e nenas que desfrutan dos diferentes campamentos de verán organizados na vila, converténdose así nunha cita de encontro interxeracional.
Con motivo desta actividade, a Biblioteca Municipal permanecerá pechada durante toda a xornada do martes.