Vilalba acollerá un curso gratuíto de comunicación en lingua castelá

A Cruz Vermella de Vilalba pon en marcha un curso de Comunicación en Lingua Castelá (nivel 2) destinado a mellorar as competencias clave nesta área. A formación, que terá unha duración de 138 horas, desenvolverase entre o 22 de abril e o 2 de xuño de 2025 en horario de 9:00 a 14:00 horas.
O obxectivo do curso é axudar ás persoas participantes a mellorar a súa capacidade de expresión oral e escrita, permitindo que interpreten distintos tipos de textos e elaboren comunicacións de forma clara, coherente e con cohesión gramatical. Ademais, traballarase a habilidade de sintetizar información de diversas fontes e formular xuízos críticos e reflexivos, favorecendo así un coñecemento máis profundo e analítico da lingua.
A formación é totalmente gratuíta e está financiada pola Consellería de Promoción do Emprego e Igualdade da Xunta de Galicia, así como polo Ministerio de Educación, Formación Profesional e Deportes. Para obter máis información ou inscribirse, as persoas interesadas poden contactar cos teléfonos 607 346 269 ou 982 23 16 13, ou enviar un correo a bepeuz@cruzroja.es.